Intervención policial con arma corta

Código: 151217
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/11/2015 - 12/11/2015
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
Xenerais:

1. Adestrar aos policías no manexo oportuno, congruente e proporcional dos medios regulamentarios.
2. Desenvolver nos policías habilidades de comunicación e tácticas eficientes en interaccións con persoas potencialmente perigosas.
3. Implementar procedementos de actuación en diversas contornas.
Específicos:

1. Integrar no manexo de armas os procedementos de seguridade esenciais.
2. Coñecer a mecánica funcional e os mecanismos de seguridade da arma regulamentaria.
3. Coñecer os conceptos básicos sobre a balística de efectos.
4. Desenvolver habilidades para recoñecer e predicir comportamentos violentos.
5. Analizar os factores que interveñen en situacións de alto risco.
6. Desenvolver técnicas e procedementos da negociación policial.
7. Coñecer a eficacia das armas de letalidade reducida.
8. Analizar intervencións policiais para obter conclusións prácticas.
9. Introducir nos procedementos de intervención técnicas de comunicación non verbal.
10. Posicionamento da arma durante as intervencións.
11. Implementar técnicas de intervención en inmobles.
12. Realizar prácticas de tiro en supostas situacións de risco.
Contido:
1. Manipulacións de seguridade e operativas da arma regulamentaria.
2. Mecánica funcional da seguros da arma curta regulamentaria.
3. Conceptos básicos sobre a efectividade dos proxectís.
4. Procesos que inflúen no comportamento en situacións de enfrontamentos armados.
5. Como recoñecer a emoción pola expresión nas persoas obxecto da intervención policial.
6. Técnicas básicas da negociación policial.
7. Armas non letais ou de letalidade reducida.
8. Análise de intervencións policiais.
9. Códigos non verbais de comunicación entre os policías intervenientes.
10. A interacción con sospeitosos. Distribución de tarefas dos intervenientes.
11. A intervención en inmobles. Progresións en corredores, escaleiras, interseccións. Técnicas de: asalto e rexistro.
12. Posicionamento da arma curta durante as intervencións policiais.
13. Exercicios de tiro baixo tensión física, en binomios e trinomios.
14. Exercicios de avaliación do manexo da arma curta.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local