Condución de vehículos en servizo de urxencia

Código: 151209
Data de inscrición: 07/12/2015 - 12/12/2015
Número da edición: 4
Horas lectivas: 8
Prazas: 24
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/12/2015 - 22/12/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Días: Día 17 de decembro: de 10:00 a 14:00, clase teórica na AGASP o resto dos días o alumnado estará dividido en grupos para realizar as prácticas nos concellos de procedencia (ou o máis próximo posible)
Obxectivos:
- Formar ao alumnado na prevención de riscos nos desprazamentos de urxencia, facendo especial fincapé nos procesos cognoscitivos
- Instruir ao alumnado nas técnicas de condución en servizos de urxencia, coa finalidade de ser efectivos neste tipo de desprazamentos, coa máxima seguridade
- Coñecer as técnicas de detención de vehículos, abandono e ubicación segura dos vehículos en servizo de urxencia
Contido:
- Normativa de vehículos en servizo de urxencia
- Técnicas de condución en servizo de urxencia
- Análise de puntos de especial prevención pola súa perigosidade
- Práctica de condución de emerxencia en tráfico aberto
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local