Operativa policial: cacheos, rexistros, identificacións, seguimentos

Código: 151156
Data de inscrición: 01/08/2015 - 06/09/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/09/2015 - 17/09/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: De 10.00 a 14.00 e de 15.30 a 19.30 horas
Obxectivos:
Proporcionar ao alumnado coñecementos operativos suficientes para que poida desenvolver unha adecuada intervención en cacheos, rexistros, identificacións e seguimentos, tanto cando se atopen a pé como con vehículos e os seus ocupantes coas debidas medidas de seguridade e de autoprotección.
Contido:
- Aspectos legais relativos á detención e identificación de vehículos e persoas
- Lei Orgánica 4/2015: "actuacións para o mantemento e restablecemento da seguridade cidadá"
- Prácticas de rexistros de vehículos: aspectos legais e operativos. Indicios a ter en conta
- Aproximacións a vehículos detidos sospeitosos
- Operativa sobre detencións de vehículos
- Casos prácticos sobre:
a) Aproximacións con e sen vehículo a persoas que se pretendan identificar, tanto a unha persoa camiñando como a un grupo estático
b) Identificacións:
1.- Cun policía
2.- Con dous policías e 1, 2 e máis individuos
3.- Con tres policías
c) Cacheos: a 1, 2 e máis individuos
d) Engrilletamento:
1.- Formas básicas e as súas variantes
2.- Supostos especiais
- Casos prácticos en operativa con vehículos nos que se incluen supostos que se poden dar, tales como:
a) Ocupantes que non colaboran
b) Ocupantes que intentan agredir aos policías
c) Actuación diante de persoas alteradas, baixo substancias estupefacientes ou bebidas alcohólicas
d) Operativa para extraer do interior do vehículo a ocupante que se nega a saír
e) Operativa para introducir no vehículo policial a persoa que se nega a entrar no mesmo
f) Traslado de detidos en vehículos policiais
g) Protocolo para detención de vehículo, aproximación ao mesmo, identificación dos ocupantes, cacheos e rexistros de vehículos
- O seguimento policial: concepto e técnicas
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local