Avanzado de técnicas de tiro policial para a protección

Código: 151055
Data de inscrición: 29/01/2015 - 12/02/2015
Número da edición: 2
Horas lectivas: 12
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/05/2015 - 25/05/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 15.30 a 19.30 h
Días: 11, 18 e 25 de maio de 2015 en horario de 15.30 a 19.30 h
Obxectivos:
. Adquirir técnicas aplicables á seguridade e protección de personalidades.
. Potenciar o desenvolvemento das aptitudes físico-psíquicas e hábitos que promovan o mantemento físico e a preparación técnica en materia de Tiro policial
. Adquirir coñecementos sobre o manexo das armas orientándoas á protección de personalidades.
. Adquirir destrezas encamiñadas a repeler agresións armadas a personalidades e realizar a evacuación desta
. Adquisición de técnicas concretas para a resolución de supostos operativos de protección de personalidades.
Contido:
- Teoría sobre sobre o estrés de combate e a súa problemática nas intervencións repentinas. Estudo sobre a necesidade do adestramento específico e continuado. Armamento persoal e colectivo así como munición específica.
- Técnicas básicas e complexas de disparo de escoltas.
- Técnica de desenfunde específico de protección coa arma en diferentes condicións.
- Resolucións a man forte e man débil.
- Prácticas de tiro en situación de estrés.
- Progresións en situacións de pouca luz e uso de medios.
- Diferentes procedementos de reacción á fronte, lateral e retagarda con progresións de reacción.
- Diferentes resolucións de enfrontamentos armados protexendo unha personalidade na modalidade dun ou de varios protectores.
- Técnicas de disparo en vehículo
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
Ter realizado con anterioridade o curso "Básico de técnicas de tiro policial para a protección"