Intervención policial con vehículos

Código: 151037
Data de inscrición: 29/01/2015 - 12/02/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/03/2015 - 27/03/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10.00 a 14:00 e de 15:30 a 19.30 e de 10:00 a 14:00 h
Días: Os días 25 e 26 de marzo de 10.00 a 14:00 e de 15:30 a 19.30 e o día 27 de marzo de 10:00 a 14.00 h
Obxectivos:
proporcionar aos alumnos os coñecementos operativos suficientes para que poidan realizar unha axeitada intervención con vehículos e os seus ocupantes coas debidas medidas de seguridade e de autoprotección
Contido:
1. Aspectos legais relativos á detención e identificación de vehículos e persoas
2. Lei Orgánica 1/1992: “actuacións para o mantemento e restabrecemento da seguridade ciudadá”.
3. Prácticas de rexistros de vehículos: aspectos legais e operativos. Indicios a ter en conta.
4. Aproximacións a vehículos detidos sospeitosos.
5. Operativa sobre detencións de vehículos.
6. Controis policiais e os seus tipos: alcoholemia, dispositivos estáticos de control (DEC), de seguridade cidadá, controis a realizar segundo o número de policías: 2, 4, 6...,
7. Casos prácticos: incluense supostos que se poden dar nun control, tales como: ocupantes que non colaboran, ocupantes que intentan agredir aos policías, actuación ante persoas alteradas, baixo substancias estupefacientes ou bebidas alcohólicas, operativa para extraer do interior do vehículo a ocupantes que se negan a sair, operativa para introducir no vehículo policial á persona que se nega a entrar no mesmo, protocolo para detención de vehículo, aproximación ao mesmo, identificación dos ocupantes, cacheos e rexistros de vehículos.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local