control de ocio nocturno e/ou xuvenil

Código: 151030
Data de inscrición: 29/01/2015 - 12/02/2015
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 28/04/2015 - 30/04/2015
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 10.00 a 14:00 e de 15:30 a 19.30 e de 10:00 a 14:00 h
Días: Os días 28 e 29 de abril con horario de 10.00 a 14:00 e de 15:30 a 19.30 e o día 30 de abril de 10:00 a 14:00 h
Obxectivos:
proporcionar aos alumnos os coñecementos operativos suficientes para que poidan realizar unha axeitada intervención para aqueles supostos nos que se produzan intervencións en lugares de reunión ou ocio xuvenil
Contido:
1. Actuación policial en lugares públicos. Especial referencia ao control de masas.
2. Normativa reguladora do dereito de reunión.
3. Normativa reguladora sobre espectáculos públicos: Regulamento de espectáculos e normativa galega, referente ao Catálogo de Actividades e sobre horarios.
4. Inspección de establecementos públicos. Dilixencias a realizar: formatos de actas e informes.
5. Lei Orgánica 1/1992: "actuacións para o mantemento e restablecemento da seguridade cidadá". Aspectos legais relativos á detención e identificación de persoas
6. Infraccións á Lei Orgánica 1/1992, en relación con ocio e establecementos públicos.
7. Normativa reguladora do consumo e subministración de alcohol a menores.
8. Consumo de tabaco en establecementos públicos.
9. Especial referencia á normativa municipal sobre ocio nocturno: ordenanzas de "convivencia", limpeza, etc...
10. Delitos e faltas que máis frecuentemente se producen no ocio nocturno:
10.1 Danos en bens públicos.
10.2 Deslucimento de inmobles.
10.3 Agresións e lesións
10.4 Furtos
11. Realización de prácticas operativas sobre entradas e rexistros de locais públicos e intervención en agresións e rifas tumultuarias
12. Actuacións preventivas:
12.1 Consumo e tenza de drogas. Diferenza entre delito e infracción administrativa. Dilixencias a realizar
12.2 Intervención con persoas alteradas baixo a influencia de drogas psicoestimulantes.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local