Xornada técnico - informativa sobre as cualificacións profesionais no ámbito das emerxencias

Código: 142166
Data de inscrición: 08/11/2014 - 17/11/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 220
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 27/11/2014 - 27/11/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Salón de actos
Horario: 10.00 a 14.00 h.
Días: 27 de novembro de 2014
Obxectivos:
adquirir información sobre as vías de obtención dunha cualificación profesional, con especial atención ás referidas ao ámbito das emerxencias
Contido:
• Vías para a adquisición das cualificacións profesionais: o Sistema nacional de cualificacións e formación profesional (Lei orgánica 5/2002, do 19 de xuño).
• O Catálogo nacional de cualificacións profesionais (Real decreto 1128/2003, do 5 de setembro).
• A familia profesional de Seguridade e medio ambiente: especial referencia á cualificación profesional de Extinción de incendios e salvamento.
• Procedemento de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías non formais de formación: o Instituto Galego das Cualificacións.
• Experiencia levada a cabo na nosa Comunidade Autónoma no recoñecemento das competencias profesionais de Socorrismo en instalacións acuáticas e Socorrismo en espazos acuáticos naturais.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios), persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES), profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.