Técnicas e tácticas de ventilación Nivel I

Código: 142157
Data de inscrición: 18/09/2014 - 02/10/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 10/11/2014 - 12/11/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: O día 10 e 11: aula 10 (Agasp) o día 12: centro Seganosa (Salvaterra de Miño)
Horario: 9.00 ás 13.30 horas e das 15.00 ás 17:30 horas (3 xornadas)
Días: 10, 11 e 12 de novembro de 2014
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos básicos sobre os principios e técnicas de ventilación que se aplican para liberar de gases tóxicos e vapores producidos en incendios estruturais.
Adquirir os coñecementos e destrezas necesarias para a correcta compresión e utilización dos medios de ventilación por presión negativa e positiva, así como o seu uso de forma segura.
Contido:
Contido teórico (3 horas)
1. A ventilación por presión negativa. Cándo e onde aplicala. Conceptos técnicos.
2. O extractor de fumes. Características. Dificultades na súa utilización.
3. O extractor eléctrico. Utilización.
Contido práctico (4 horas)
1. Práctica de ventilación por extracción en edificio.
2. Práctica de extracción de fumes en recinto baixo rasante
Xornada 3: Técnicas de Ventilación por presión Positiva
Contido teórico (3 horas)
1. Tipos de ventiladores de Ventilación por Presión Positiva. Funcionamento. Ratios. Aperturas.
2. Características técnicas dos ventiladores. Situación. Caudais.
Contido práctico (4 horas)
1. Ventilación horizontal en edificio.
2. Ventilación en local con único oco de entrada e saída.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
Destinatarios específicos:
Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.