Xestión de emerxencias, razoamento táctico e organización da resposta de primeiro nivel

Código: 142154
Data de inscrición: 18/09/2014 - 02/10/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 15
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/11/2014 - 18/11/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 10 e 9
Horario: 9.30-14.00 ; 16.00-19.00
Días: 17 e 18 de novembro de 2014
Obxectivos:
Coñecer un método de xestión de emerxencias de primeiro nivel, que dea resposta ás necesidades que se presentan ante unha emerxencia de importancia, o razoamento táctico ao que é preciso chegar e a organización que hai que establecer para dar unha resposta axeitada, baseada na repartición das tarefas de información, análise, xestión de medios e dirección de operacións.
Contido:
Marco xeral
- Planificación e prevención
-Organización do mando
-Cátalogo de medios e recursos
-Formación do persoal.
-Terminoloxía e métodos.
Características dos sinistros, compoñentes e variables
Emerxencias sinxelas e complexas
Exercicios prácticos
O razoamento táctico en operacións sinxelas
- Adquisición de datos operacionais
- Definición da idea de manobra
- A orde inicial
- O informe
Exercicios prácticos
- Adquisiciónd de datos
- A orde inicial e informe.
- As ferramentgas gráficas
- As comuncacións nas emerxencias
-Exercicios práctico. Incendio en nave industrial ou accidente de tráfico
- O Posto de Mando Svanzado e o Punto de Emcontro.
- Exercicio práctico: lume forestal.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
os/as solicitantes deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 20 61 23.