Control e extinción de incendios urbanos e de interiores

Código: 142149
Data de inscrición: 10/09/2014 - 24/09/2014
Número da edición: 5
Horas lectivas: 25
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/11/2014 - 19/11/2014
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Clase ou local: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Horario: das 9.00 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19:00 horas (3 xornadas)
Días: 17, 18 e 19 de novembro de 2014
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos prácticos sobre técnicas e procedementos de actuación e as destrezas necesarias para a extinción de incendios urbanos e de interior, baixo as máis estritas normas de seguridade
Contido:
Módulo 1: Operacións de salvamento.
1. Manexo dos equipos de intervención.
2. Práctica de manexo de distintas autobombas: de salvamento, especiais, auxiliares e en remolque.
Módulo 2. Control e extinción de incendios.
1. Práctica de explosión de po en simulador de laboratorio.
2. Incendio en vivenda unifamiliar dun nivel.
3. Intervención en vivenda unifamiliar a dous niveis.
4. Incendio en almacén de material diverso.
5. Incendio en edificio residencial.
6. Incendio en soto cunha única entrada descendente.
7. Practica de control de posible flashover.
8. Simulacro en edifico de grande altura. Incendio a 4 niveis.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
Destinatarios específicos:
profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.