Práctico de control e extinción en incidentes con mercadorías perigosas

Código: 142147
Data de inscrición: 02/08/2014 - 16/08/2014
Número da edición: 3
Horas lectivas: 25
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/09/2014 - 17/09/2014
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Clase ou local: Seganosa (Salvaterra)
Horario: 9.00 ás 14.00 horas e 15.30 ás 19:00 horas (3 xornadas).
Días: 15, 16 e 17 de setembro de 2014
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos prácticos sobre técnicas e procedementos de actuación e as destrezas necesarias para afrontar emerxencias relacionadas con mercadorías perigosas baixo as máis estritas normas de seguridade.
Contido:
Módulo 1: Operacións de salvamento.
1. Salvamento dunha vítima atrapada nun accidente cun vehículo que transporta mercadorías perigosas.
2. Taponamento e/ou transvase dunha fuga de NH3. Utilización de equipos tapa fugas.
Módulo 2. Fenómenos naturais e antrópicos.
1. Práctica de identificación de substancias con fichas de intervención. Panel laranxa, número ONU, número de perigo, etiquetas.
2. Práctica de neutralización ácido base en laboratorio.
3. Práctica de colocación e retirada de traxes químicos.
4. Montaxe de estacións de descontaminación.
5. Práctica de campo de neutralización dun ácido.
6. Práctica de sinalización de vehículos e clasificación de emerxencia.
7.Técnicas de actuación ante sinistros con materias sólidas corrosivas.
8. Técnicas de actuación ante sinistros con líquidos corrosivos: Mergullo Químico, taponación e Neutralización.
9. Práctica de identificación de cisternas.
10. Técnicas de intervención en presenza de substancias perigosas.
11. Práctica de permeabilidade de traxes con gas tóxico en colector.
12. Práctica de accidente químico en interior de nave frigorífica.
13. Actuación ante amoníaco: cubrición e relicuación. Descontaminación.
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
As persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con cando menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberá comunicarse por escrito á Agasp, por correo electrónico á dirección formacion.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.
Noutro caso serán excluídas automaticamente da selección para as dez seguintes actividades que se convoquen, para as que reúnan os requisitos esixidos de participación (artigos 18 e 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp).