Condución de vehículos todoterreo

Código: 142136
Data de inscrición: 12/07/2014 - 26/07/2014
Número da edición: 7
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/10/2014 - 08/10/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6
Horario: Os días 6 e 7: 9:30 -19:30 ; mañá(8): 9:30-14:00
Días: 6, 7 e 8 de outubro de 2014
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
Teoría: 4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
Práctica: 16 horas de prácticas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
• Os/as solicitantes deberán ter o permiso de conducir B1.
• Os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita
Publicacións admitidas:
De acordo co establecido no artigo 21 do Regulamento de réxime interior da Agasp, as persoas que resulten seleccionadas teñen a obriga de participar no desenvolvemento da actividade, agás que comunicasen a súa imposibilidade de asistencia con polo menos 48 horas de antelación ao comezo desta. A devandita renuncia deberase comunicar por escrito á Agasp, por correo electrónico ao enderezo formación.emerxencias.agasp@xunta.es ou por fax ao número 886 206 123.