Manexo básico da motoserra en situacións de emerxencia

Código: 142115
Data de inscrición: 10/06/2014 - 24/06/2014
Número da edición: 7
Horas lectivas: 20
Prazas: 14
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/11/2014 - 12/11/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula de madeira
Horario: 9.00 a 20.00 horas
Días: 11 e 12 de novembro de 2014
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.
Contido:
a) As partes dunha motoserra e o seu funcionamento: grupo motor e órgano de corte
b) Montaxe e desmontaxe das partes dunha motoserra
c) Labores de mantemento e revisión dunha motoserra
d) Técnicas seguras de apeo de árbores, derramado e tronzado
e) Prácticas de apeo de árbores, derramado e tronzado
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).


Requisitos:
os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita