Formación en desfibrilación semiautomática externa (DESA)

Código: 142077
Data de inscrición: 12/04/2014 - 26/04/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 8
Prazas: 18
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/05/2014 - 20/05/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 8 e TAU
Horario: 10:30 ás 20.00 horas
Días: 20 de maio de 2014
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos, co fin de conseguir:
1.Aumentar as taxas de supervivencia nos pacientes con morte súbita, conseguindo un acceso precoz a un sistema de emerxencias médicas.
2.Acurtar os tempos para realizar reanimación cardiopulmonar e a desfibrilación precoz.
Contido:
•Introdución.
•RCP básica. Recordo.
•Coñecemento teórico do DESA
•Recollida de datos (Utstein). Mantemento do aparato
•Exercicios prácticos:
-RCP básica
-Práctica DESA
-RCP + DESA (MEGACODE)
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias, persoal dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
1. Ser membros dos servizos de emerxencias e protección civil que dispoñan de equipo de desfibriladores externos
2. Os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deben haber superado con anterioridade o curso básico de protección civil, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita