Control e extinción de incendios urbanos e de interiores

Código: 142068
Data de inscrición: 03/04/2014 - 14/04/2014
Número da edición: 1
Horas lectivas: 25
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 28/04/2014 - 30/04/2014
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Clase ou local: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa
Horario: 9.00 ás 14.00 horas e 15.30 ás 19.00 horas
Días: 28, 29 e 30 de abril de 2014
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos prácticos sobre técnicas e procedementos de actuación e as destrezas necesarias para a extinción de incendios urbanos e de interior, baixo as máis estritas normas de seguridade
Contido:
Módulo 1: Operacións de salvamento.
1. Manexo dos equipos de intervención.
2. Práctica de manexo de distintas autobombas: de salvamento, especiais, auxiliares e en remolque.
Módulo 2. Control e extinción de incendios.
1. Práctica de explosión de po en simulador de laboratorio.
2. Incendio en vivenda unifamiliar dun nivel.
3. Intervención en vivenda unifamiliar a dous niveis.
4. Incendio en almacén de material diverso.
5. Incendio en edificio residencial.
6. Incendio en soto cunha única entrada descendente.
7. Practica de control de posible flashover.
8. Simulacro en edifico de grande altura. Incendio a 4 niveis.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido a profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:

Inscrición:
Gratuita