Práctico na loita contra incendios

Código: 142026
Data de inscrición: 12/02/2014 - 26/02/2014
Número da edición: 4
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/03/2014 - 27/03/2014
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 6
Horario: 9:00 a 14:30 e 15:30 a 20:00
Días: 26 e 27 de marzo de 2014
Obxectivos:
perfeccionar as técnicas e habilidades necesarias para a loita contra incendios, desde un enfoque práctico.
Contido:
1. Equipamentos de protección térmica.
2. Extinción de incendios clase A-B.
3. Manexo de equipamentos ERA.
4. Rede contra incendios:
a. Conexión/desconexión; tendido/pregado.
b. Construción de liñas de extinción con mangueiras de diferentes tipos e diámetros, liñas de distribución, protección e ventilación. Montaxe de diferentes sistemas de xeración de escuma. Manexo de diferentes clases de escumóxeno, con indicación das súas vantaxes e inconvenientes.
c. Prácticas estáticas con presión de auga, e adestramento na composición de equipamentos de extinción.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e membros dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
os/as solicitantes deberán haber superado con anterioridade o curso de 2º nivel de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais, e terán preferencia os/as que o fixeron no ano 2013 ou anteriores. Quedan exceptuados deste requisito os/as integrantes dos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES).
Inscrición:
Gratuita