Emerxencias en espazos públicos e privados

Código: 141185
Número da edición: 1
Horas lectivas: 14
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 19/11/2014 - 20/11/2014
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: AGASP
Horario: de 8.00 a 15.00 h
Obxectivos:
- Dotar os participantes duns coñecementos xerais de procedemento, uso e manexo do material básico vinculado á coordinación en emerxencias municipais.
- Adestrar os profesionais do sector nun método de traballo básico para desenvolver as técnicas e procedementos que os leven á correcta xestión dunha emergencia; tendo en conta que unha das facetas máis complicadas céntrase no control, xestión e dirección dos medios disponibles, a primeira parte do curso desenvolve ejercicios para identificar cualidades de liderado e mando.
- Formar os participantes nas tarefas propias de dirección e control que un mando debe asumir nunha emerxencia, como son as de coñecer e aplicar de forma unificada os plans de actuación e tácticas de control. Aprender a avaliar riscos e desenvolver un pre-planning de intervención, así como a tomar decisións estratéxicas e tácticas a curto prazo.
- Explicar os alumnos os procedementos de coordinación en emerxencias, así como os niveis de responsabilidade e modos de operación descritos pola normativa vixente actualmente, tanto de ámbito estatal como autonomico (Lei de emerxencias de Galicia, Pladiga, plans especiais e especificos, etc.)
Contido:
- MÓDULO TEÓRICO
- Resumo específico da normativa relativa aos procedementos de coordinación en emerxencias, descrición de niveis de responsabilidade. Modos de operación da AXEGA (112 Galicia).
Resumo da Lei de emerxencias de Galicia.
PLADIGA e plans especiais e específicos.
Pautas básicas dun plan de autoprotección.
- Pautas básicas a desenvolver na xestión e coordinación de emerxencias.
Cualidades de mando e liderado.
Preparación e avaliación en sinistros.
Plan de acción e desenvolvemento destes.
Asignación de tarefas.
- Exercicio de liderado e toma de decisións.

- MÓDULO PRÁCTICO
Exercicios de comunicacións e transmisión de información.
Exercicios de coordinación de medios.
Desenvolvemento de suposto práctico en formato simulacro de intervención real relacionada con lume en edificación: coordinación de medios e comunicacións e a avaliación da toma de decisións.
Desenvolvemento de supostos prácticos en formato simulacro de intervención real relacionada con sinistro en industria química con lume: coordinación de medios e comunicacións e avaliación da toma de decisións.
Persoas destinatarias:
-