Instrutor no manexo de contedores flashover

Código: 132184
Data de inscrición: 26/11/2013 - 04/12/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 35
Prazas: 12
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/12/2013 - 20/12/2013
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa
Horario: Luns a xoves con horario partido de 09:00 a 13:30 e de 15:30 a 18:30 e o venres con horario continuo de 09:00 a 14:00 horas (5 xornadas)
Días: 16 ao 20 de decembro de 2013
Obxectivos:
1. Coñecer as técnicas apropiadas para poder manexar contedores de xeración de Flashover.
2. Aprender a simular a evolución dun incendio nun interior ata conseguir e controlar as condicións de flashover.
3. Aprender a desenvolver un plan formativo teórico - práctico para elaborar unha guía de formación en contedores de flashover.
Contido:
Contido teórico (5 horas): pautas, contidos e conceptos a impartir nun curso de manexo de contedores de flashover.
1. Física e química do lume. Contido e desenvolvemento.
2. Desenvolvemento dun incendio. Tendencias actuais.
3. Flashover e backdraft.
4. Seguridade en contedores.
Contido práctico: (30 horas)
1. Ensaios e demostracións:
• Explicación e demostración do rango de inflamabilidade.
• Desenvolvemento do proceso de descomposición química sufrido pola madeira ao aplicarlle un aumento de temperatura (pirólise).
• Tipos de flashover en función da localización da fonte de ignición e da ventilación.
• Backdraft a escala nun simulador.
• Manexo nun campo de lume dos distintos tipos de lanzas.
2. Contedores de seguimento e aprendizaxe:
• Demostración real dun contedor de evolución de incendio e da aplicación de pulsacións de auga.
• Visualización da reacción do contedor á aplicación de técnicas de extinción ofensivas.
3. Desenvolvemento, explicación e control de diferentes fenómenos relacionados co flashover:
• Maqueta ou simulador do rango de inflamabilidade.
• Ensaio no laboratorio do proceso de pirólise sufrido pola madeira.
• Práctica no laboratorio dos tipos de flashover.
• Backdraft nun simulador a escala de backdraft.
• Manexo dun contedor de evolución e aplicación de pulsacións.
• Manexo e aplicación de técnicas ofensivas de aplicación de auga nun contedor de flashover.
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios - Outros
Destinatarios específicos:
Colaboradores/as na docencia da materia de incendios urbanos nos cursos convocados pola Agasp.
Requisitos:
Os/as solicitantes deberán enviar o seu curriculum vitae ao enderezo electrónico formacion.emerxencias.agasp@xunta.es no prazo de 8 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte.
Inscrición:
Gratuita
Solicitudes:
Na selección do alumnado valorarase o seu curriculum vitae, en concreto os apartados relativos a:
• Experiencia profesional nos servizos de extinción de incendios urbanos.
• Experiencia docente na materia de incendios urbanos, con especial mención á realizada nos cursos convocados pola Agasp desde o ano 2010 ata a actualidade.
• Formación pedagóxica e na materia do flashover.
Reservarase o 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos establecidos na convocatoria, segundo o disposto no artigo 37.bis da Ley 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes. De non existir suficientes solicitudes de participación de mulleres, as prazas sobrantes acrecentarán as da quenda xeral.