Control e extinción de incendios industriais

Código: 132182
Data de inscrición: 12/11/2013 - 26/11/2013
Número da edición: 3
Horas lectivas: 25
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/12/2013 - 13/12/2013
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Clase ou local: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa
Horario: 9.00 ás 14.00 horas e 15.30 ás 19:00 horas
Días: 11, 12 e 13 de decembro de 2013
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos prácticos sobre técnicas e procedementos de actuación e as destrezas necesarias para a extinción industriais, baixo as máis estritas normas de seguridade.
Contido:
Módulo 1: Operacións de salvamento.
1. Sinalización e desenvolvemento de operacións.
2. Práctica de acoutamento de zonas de rescate. Protocolos de actuación.
Módulo 2. Control e extinción de incendios.
1. Montaxe de liñas de auga dende hidrantes, bocas de rego e bocas de incendio equipadas.
2. Practica de explosión de po en simulador de laboratorio.
3. Extinción con distintos extintores de po ABC e CO2.
a. Extinción en bandexa de combustible tipo B.
b. Extinción en bandexa con obstáculo de combustible tipo B.
c. Extinción en cadro eléctrico con CO2
d. Extinción en bandexa a dous niveis.
4. Montaxe de liñas de escuma para extinción en balsa de gran tamaño con escuma de media expansión.
5. Utilización de PROPAK como elemento de extinción en volumes pequenos.
6. Intervención en zona de carga e descarga de combustibles
Módulo formativo 3: Fenómenos naturais e antrópicos.
1. Sinistro con cisterna que transporta GLP. Técnicas para evitar a BLEVE.
2. Incendio en plataforma industrial a dous niveis. Lume de tipos varios.
Módulo formativo 4: Operacións de axudas técnicas.
1. Incendio en depósito de combustible.
2. Montaxe de liñas de escuma para a extinción en tanque de almacenamento con escuma de baixa expansión.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
Destinatarios específicos:
Profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e de consorcios).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
En caso de ser requiridos pola Agasp, os/as solicitantes deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.
Inscrición:
Gratuita