Intervención en emerxencias en torres eólicas

Código: 132162
Data de inscrición: 21/09/2013 - 30/09/2013
Número da edición: 4
Horas lectivas: 21
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 21/10/2013 - 22/10/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: aula 7 - pendente saida a parque eólico
Horario: Mañá 9:00 a 14:00 Tarde 16:00 a 19:00
Días: 21 e 22 de outubro de 2013
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para poder intervir nos casos de emerxencias en torres eólicas
Contido:
• Uso e evacuación de elevadores de servizo
• Extinción de incendios en aeroxeradores
• Evacuación. Descensor de aeroxeradores
• Primeiros auxilios
• Rescate en vertical. Tubo. Nacelle. Escaleira
• Visita a un parque eólico
Persoas destinatarias:
- Grupo de Emerxencias Supramunicipal
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
As edicións 3ª e 4ª van dirixidas ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil e emerxencias e ás/aos membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os/as solicitantes que sexan voluntarios/as de protección civil deberán ter realizado con anterioridade o curso básico de protección civil no ano 2012 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita
Solicitudes:
• Na selección para a edición 4ª terán preferencia:
1. Os/as membros dos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES).
2. As persoas de maior rango xerárquico.
3. As persoas con menos cursos feitos na Agasp nos últimos 2 anos.