Aplicacións informáticas de follas de cálculo (Microsoft Excel 2010)

Código: 132086
Data de inscrición: 12/06/2013 - 28/06/2013
Número da edición: 2
Horas lectivas: 50
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 09/09/2013 - 29/10/2013
Obxectivos:
Coñecer a aplicación informática de folla de cálculo “Microsoft Excel 2010” e o seu manexo.
Contido:
•Libros e follas en Excel
•Creación de series e arrastrado de fórmulas
•Estilos e formatado de celas
•Fórmulas e referencias
•Traballar con bases de datos en Excel
•Formatos avanzados de gráficas
•Manipulación de macros
•Impresión, exportación, ortografía, idioma…
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
Esta 1ª edición vai dirixida ás/aos integrantes dos corpos de policía local dos concellos de Galicia.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou “e-learning”) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
•A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
•Preferentemente conexión a Internet de Banda Ancha e un antivirus actualizado
•Navegador: Mozzila Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior
•Ter Javascript e cookies activadas no navegador
•Para ver os documentos en PDF necesítase ter instalado Acrobat Reader
•Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player
Inscrición:
Gratuita