Apoio terrestre ás aeronaves de emerxencia

Código: 132075
Data de inscrición: 12/06/2013 - 28/06/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 60
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 11/07/2013 - 11/07/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: 9:30 a 14:00 horas
Días: 11 de xullo de 2013
Obxectivos:
Adquirir coñecementos de apoio desde terra ás operacións que levan a cabo os pilotos das aeronaves e tomar consciencia das dificultades destes para executar as manobras. Coñecendo os elementos aeronáuticos e as limitacións, o persoal de terra poderá adoptar as medidas de precaución adecuadas.
Contido:
No curso trataranse os seguintes temas:
1) Coordenadas para a determinación dun punto no terreo e a súas características: .
- Coordenadas angulares.
- Coordenadas UTM
2) Relación entre a súas coordenadas e a distancia entre dous puntos.3) Relevo do terreo e a súa representación no plano. Interpretación das curvas de nivel.
4) Escalas redutoras: numéricas e gráficas.
5) Manexo dun equipo GPS manual:
- Configuración das características da saída de datos no equipo.
- Lectura dunha coordenada.
- Erros no sistema GPS
- Erros propios dun posicionamento absoluto neste sistema.
6) Helicóptero
- Principio básico de funcionamento.
- Fases do vó.
7) Meteoroloxía
- Nubes
- Visibilidade horizontal
- Vento
8) Punto de toma
- Axuda na localización do punto de toma.
- Tamaño do area.
- Obstáculos cerca do area.
- Inclinación.
- Obxectos soltos.
- Facilidade de acceso.
- Tipos de misión realizadas polo helicóptero do 112 de Galicia.
- Como facilitar a loalización ao helicóptero.
-Comunicación directa co helicóptero.
-Seguridade do punto de toma.
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Destinatarios específicos:
A xornada vai dirixida ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os cursos van dirixidos aos integrantes dos servizos de emerxencia e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan feito o curso básico de protección civil e teñan coñecementos de cartografía.
Inscrición:
Gratuita