Aplicacións informáticas de tratamento de textos (Microsoft Word 2010)

Código: 132072
Data de inscrición: 12/06/2013 - 28/06/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 40
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 08/08/2013 - 12/09/2013
Obxectivos:
Coñecer a aplicación informática de tratamento de textos “Microsoft Word 2010” e o seu manexo
Contido:
•Formatos avanzados
•Tabulacións
•Estilos
•Cabeceiras, pés de páxina e notas no pé
•Táboas
•Combinar correspondencia
•Configuración avanzada
•Manexo de macros e accións importantes de Word
Persoas destinatarias:
- Agrupacións de Voluntarios de Protección Civíl
- Bombeiros dos Parques Municipais
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos municipais de protección civíl e emerxencias
Destinatarios específicos:
Estas 2ª e 3ª edicións van dirixidas ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos de extinción de incendios e salvamento (bombeiros municipais e comarcais).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Os requirimentos técnicos para usar a web dos cursos da AGASP (baseada nunha ferramenta de aprendizaxe electrónico ou “e-learning”) son de nivel básico:
Aspectos recomendables para o PC:
•A configuración mínima dun PC doméstico (en xeral, calquera con menos de cinco anos) é suficiente.
•Preferentemente conexión a internet de banda ancha e un antivirus actualizado
•Navegador: Mozzila Firefox 2 (recomendado) ou Internet Explorer 6.0 ou superior
•Ter Javascript e cookies activadas no navegador
•Para ver os documentos en PDF necesítase ter instalado Acrobat Reader
•Para que funcionen algúns elementos correctamente necesítase ter instalado o Adobe Flash Player
Inscrición:
Gratuita