Busca e salvamento en montaña e zonas illadas

Código: 132051
Data de inscrición: 11/04/2013 - 25/04/2013
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 15
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 08/06/2013 - 09/06/2013
Lugar: Manzaneda (Ourense)
Localización: AGASP
Horario: Mañá e tarde 9:00 a 14 h 15 a 20:00 h
Días: 8 e 9 de xuño de 2013
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar en operativos de busca de persoas desaparecidas en zonas de difícil acceso.
Contido:
- Xeneralidades
- Coordinación do socorro
- Protocolos de busca. Distribución de tarefas
- Orografía e cartografía
- Lectura e interpretación de mapas
- Principios básicos de orientación e utilización do compás
- Métodos de busca de persoas desaparecidas
- Busca en situacións especiais
- Técnicas de busca e salvamento en zonas de difícil acceso
- Axentes agresores na montaña
- Actuacións en situacións de risco vital
- Técnicas de inmobilización e traslado con medios convencionais e improvisados
- Consellos prácticos para a prevención de accidentes
Persoas destinatarias:
- Corpo da Garda Civil
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil, ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil e outro persoal dos corpos de seguridade e emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
•Os solicitantes que sexan voluntarios de agrupacións de voluntarios de protección civil ou profesionais de servizos municipais e supramunicipais de protección civil deberán ter realizado o curso básico de protección civil no ano 2012 ou anteriores.
Inscrición:
Gratuita