Condución de vehículos todoterreo

Código: 132034
Data de inscrición: 03/04/2013 - 17/04/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 20/05/2013 - 22/05/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de madeira
Horario: 9:30 -19:30 ; mañá(22): 9:30-14:00
Días: 20, 21 e 22 de maio de 2013
Obxectivos:
Adquirir os coñecementos teórico-prácticos necesarios para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público
Contido:
Teoría: 4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
Práctica: 16 horas de prácticas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais e supramunicipais de protección civil.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
•Ter realizado con anterioridade o curso de básico de protección civil no ano 2012 ou anteriores.
•Ter o permiso de conducir B1
Inscrición:
Gratuita