AVANZADO DE PROTECCIÓN DE DATOS

Código: 131116
Data de inscrición: 06/11/2013 - 16/11/2013
Número da edición: 10
Horas lectivas: 40
Prazas: 30
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 25/11/2013 - 27/12/2013
Obxectivos:
Capacitar aos responsables de seguridade no tratamento de datos persoais para resolver a problemática diaria asociada aos seus postos de traballo no que se refire ao cumprimento da normativa vixente en materia de protección de datos persoais, xa sexa de tipo xurídico, organizativo e/ou tecnolóxico

Contido:
1. Conceptos básicos e marco normativo
2. Principios de protección de datos persoais
3. Dereitos e obrigas
4. Seguridade no sistema de información
5. O documento de seguridade
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local