prevención de riscos de internet e novas tecnoloxías

Código: 131013
Data de inscrición: 04/03/2013 - 17/04/2013
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 24/04/2013 - 25/04/2013
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula informatica
Horario: de 9.00 a 14.00 e de 15.30 a 18.30 h
Días: 24 e 25 de abril de 2013
Obxectivos:
Coñecer os riscos da internet en relación cos dereitos dos cidadáns, previr e reforzar a seguridade informática nas oficinas policiais e concienciar na importancia da súa labor preventiva nesta materia
Contido:
1. Ameazas xerais. Normas dun uso correcto das TICs
2. Uso de redes sociais no traballo e posibles consecuencias a nivel laboral
3. LOPD no uso das TICs
4. Riscos no uso do telefono móbil e demais dispositivos móbiles
5. Difusión de imaxes a través da Internet
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
Persoal dos corpos de policía local de Galicia.
Reservarase o 50% das prazas para solicitantes mulleres que reúnan os requisitos esixidos na convocatoria, segundo o disposto no articulo 37.bis da Lei 7/2004, de 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes.