Loita contra incendios de interior, flashover e ventilación

Código: 122131
Data de inscrición: 01/06/2012 - 31/07/2012
Número da edición: 3
Horas lectivas: 35
Prazas: 14
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 17/09/2012 - 21/09/2012
Lugar: Salvaterra de Miño (Pontevedra)
Localización: Centro de formación integral en emerxencias - Seganosa - Alxen s/n
Clase ou local: Centro Seganosa - Salvaterra de Miño
Horario: De 8:00 a 15:00 horas
Días: 17 ao 21 de setembro de 2012
Obxectivos:
1.Adquirir os coñecementos necesarios para poder facer fronte os incendios interiores.
2.Estudar os signos que preceden ao efecto flash over, recoñecer cando se está producindo este fenómeno e como loitar contra el con seguridade.
3.Formación no mergullo en fumes, para poder realizar o rescate das vítimas.
4.Ampliación dos coñecementos sobre técnicas de ventilación dun local tras un incendio, necesarias para a realización da evacuación de fumes e gases tóxicos e nocivos.
5.Utilización da ventilación como táctica ofensiva de ataque ao lume de interiores.
Contido:
1.Física e química do lume. Rango e límites de inflamabilidade. Gases de pirólise
2.O fenómeno flash over; concepto e tipos según as súas características
3.Mergullo en fumes. Funciones dos mergulladores e do xefe de mergulladores de fume
4.Riscos dos materiais en combustión
5.Táctica de extinción ofensiva
6.Hidráulica
7.Importancia da dinámica de fluídos na ventilación
8.Tipos e métodos de ventilación:
?Ventilación post-incendio. Tipos
?Ventilación natural e ventilación forzada
?Ventilación de presión negativa e ventilación de presión positiva
?Ventilación ofensiva. Fases
?Consideracións estruturais á hora de elixir a ventilación adecuada
9.Sistemática operativa
10.Dirección e organización das intervencións en grandes sinistros. Normas de seguridade
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Requisitos:
O persoal de protección civil debe ter realizado o curso básico de protección civil, o curso de prevención e loita contra incendios urbanos e forestais e o curso ou xornada práctico/a contra incendios.
As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.
Inscrición:
Grauita