Manexo básico da motoserra interv. situacións emerxencia

Código: 122050
Data de inscrición: 21/03/2012 - 09/04/2012
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 14
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/04/2012 - 15/04/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula externa de madeira
Horario: 9:00 a 20:00
Días: 14 e 15 de abril
Obxectivos:
Adquirir a formación necesaria para participar con seguridade en intervencións de retirada de emerxencia de árbores caídas ou pólas de árbores desprendidas.
Contido:
a) As partes dunha motoserra e o seu funcionamento: grupo motor e órgano de corte
b) Montaxe e desmontaxe das partes dunha motoserra
c) Labores de mantemento e revisión dunha motoserra
d) Técnicas seguras de apeo de árbores, derramado e tronzado
e) Prácticas de apeo de árbores, derramado e tronzado
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Destinatarios específicos:
O curso vai dirixido ao persoal voluntario de agrupacións de voluntarios de protección civil e ás/aos profesionais dos servizos municipais de protección civil (grupos municipais de intervención rápida “Grumir” e outros servizos municipais de intervención en emerxencias).
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
Requisitos:
Para ser admitidos os solicitantes deberán ter realizado o curso básico de protección civil antes do inicio do curso.
As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da persoa responsable da agrupación ou da/do xefa/e de persoal do concello
Inscrición:
Gratuita