Condución de vehículos todoterreo

Código: 122020
Data de inscrición: 03/03/2012 - 22/03/2012
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 14/05/2012 - 16/05/2012
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula de madeira e circuito de condución todoterreo da Agasp
Horario: 9:30 -19:30 ; mañá:9:30-14:00
Días: 14, 15 e 16 de maio do 2012
Obxectivos:
Dotar ao persoal do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, ó que se refire o artigo 43 da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación necesaria para o exercicio da súa función e que adquiran coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público.
Contido:
Teoría: 4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, ventral e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
Práctica: 16 horas de prácticas de condución en circuíto.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo
Requisitos:
As/os solicitantes seleccionadas/os deberán acreditar a súa categoría profesional o primeiro día do curso mediante un certificado da súa xefatura de persoal.
Inscrición:
Gratuita
Solicitudes:
So se poderá inscribir nunha das edicións do curso.