técnicas de condución de motocicletas

Código: 121055
Data de inscrición: 07/09/2012 - 19/09/2012
Número da edición: 1
Horas lectivas: 9
Prazas: 16
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/10/2012 - 09/10/2012
Lugar: Forcarei (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: circuíto de condución de Forcarei
Horario: de 09:00 a 14:30 e de 15:30 a 19:00 horas
Días: 9 de outubro de 2012
Obxectivos:
- Dotar aos/as policías locais nas técnicas básicas de condución de motocicletas.
Contido:
- Introdución: a accidentalidade no tráfico. Especial referencia á motocicleta e a labor de conducir. Factores de risco específicos
– A moto e o condutor: interrelación moto-condutor
– A técnica de condución en moto: posición de condución. O campo de visión. Trazado de curvas. Xiro da motocicleta. Como se tomba unha moto. Adherencia do pneumático. Uso do acelerador e o freo. Técnicas específicas: Condución en auga, en cidade e en servizo urxente.
– Prácticas: serie de condución trazados. Serie de condución filmada, análise de erros. Exercicios de control e equilibrio. Serie de condución técnicas de xiro da moto (contraguiador/estribos/corpo). Exercicios de freada con e sen ABS. Serie de condución filmada.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
O persoal que resulte seleccionado para asistir ao curso debe acudir provisto de: casco, botas, chaqueta e proteccións.