Autocad para elaboración de atestados e dispositivos de tráfico

Código: 121018
Data de inscrición: 21/03/2012 - 04/04/2012
Número da edición: 1
Horas lectivas: 50
Prazas: 54
Modalidade: En liña
Data inicio - fin: 16/04/2012 - 18/06/2012
Obxectivos:
- Perfeccionarse nos coñecementos de expresión gráfica.
- Especializarse no manexo de paquetes de deseño para a confección de atestados ou informes.
- Adoptar técnicas automatizadas para a representación gráfica nos informes.
Contido:
- Ferramentas de autocad
- Primeiros pasos con autocad
- Planos inclinados
- Traballo con curvas
- Perfeccionando contidos
- Rotondas
- Traballo con imaxes reais
- Realización de casos prácticos
- Proxecto final
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
O alumnado participante, utilizando as funcionalidades para o deseño do programa de autocad deberá realizar os informes técnicos que se esixen en cada actividade, coidando de que o resultado recolla todas e cada unha das medidas indicadas, requisito indispensable para ser avaliado.
O alumnado terá que axustarse en todo momento ao calendario que establece a convocatoria do curso para a cumprimentación dos traballos e casos prácticos. Non se permitirá o envío de ningún dos traballos fora do prazo establecido.
A non cumprimentación de algún dos traballos implicará a baixa do/a alumno/a no curso.
Os casos prácticos serán avaliados de 0 a 10 puntos, establecéndose en 5 puntos a superación dos mesmos. Os que non acaden esta puntuación mínima causarán baixa no curso.
As cualificacións estarán expostas na páxina do curso antes das 9.00 horas do luns seguinte, co obxecto de que aqueles alumnos/as que superaran as probas poidan comezar co seguinte módulo.