Condución de vehículos todoterreo

Código: 112139
Número da edición: 9
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 16/11/2011 - 18/11/2011
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Caseta madeira
Horario: de 9.30 a 19.30 horas
Obxectivos:
- Conseguir que os/as integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil así como os axentes forestais dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais adquiran coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público.
Contido:
Teoría:
4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, central e de saída, inclinación lateral)
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial
- Módulo de igualdade de oportunidades
Práctica:
16 horas de prácticas de condución en circuito
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
Requisitos:
O curso vai dirixido ao persoal profesional de servizos relacionados coa xestión de riscos e emerxencias e persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
No caso de persoal voluntario deberán ter realizado o curso básico de protección civil no ano anterior a esta convocatoria.