Básico protección civil

Código: 112059
Número da edición: 8
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 06/06/2011 - 08/06/2011
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 1
Horario: 6 de xuño: de 9.30 a 14.30 e de 16.30 a 19.30 horas; 7 de xuño: de 9.00 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas; 8 de xuño: de 10.00 a 13.30 horas
Días: 6, 7 e 8 de xuño de 2011
Obxectivos:
- Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría 14 h. (presenciais ou en liña)
Práctica 7 h. (presenciais)
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
Os cursos van dirixidos ao persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente nas situacións definidas pola Lei 5/2007, do 7 de maio, como situación de xestión de riscos e de emerxencias.