Básico de protección civil

Código: 112056
Número da edición: 5
Horas lectivas: 21
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 13/05/2011 - 15/05/2011
Lugar: Gudiña, A (Ourense)
Localización: AGASP
Horario: de 9.00 a 14.00 horas
Días: 13, 14 e 15 maio 2011
Obxectivos:
- Dotar o persoal voluntario do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia, o que se refire o artigo 43.3º da Lei 5/2007, do 7 de maio, de emerxencias de Galicia, da formación básica necesaria para obter a acreditación necesaria para o exercicio da súa función, conforme o establecido no artigo 46.3º desta lei.
Contido:
- Módulo I: A Protección Civil.
- Módulo II: Os riscos, accidentes e autoprotección.
- Módulo III: Loita contra os incendios.
- Módulo IV: Comunicacións.
- Módulo V: Actuacións básicas ante emerxencias médicas.
- Módulo VI: Igualdade de oportunidades.
O contido do curso divídese en dúas partes:
Teoría 14 h. (presenciais ou en liña)
Práctica 7 h. (presenciais)
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
Os cursos van dirixidos ao persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas sen ánimo de lucro que teñan como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente nas situacións definidas pola Lei 5/2007, do 7 de maio, como situación de xestión de riscos e de emerxencias.