Condución de vehículos todoterreo
Código:
112030
Número da edición:
1
Horas lectivas:
20
Prazas:
20
Modalidade:
Presencial
Data inicio - fin:
27/04/2011 - 29/04/2011
Lugar:
Estrada, A (Pontevedra)
Localización:
AGASP
Clase ou local:
Caseta prefabricada
Horario:
de 9:00 a 20:00 horas
Obxectivos:
Conseguir que os/as integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil así como os axentes forestais dos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais adquiran coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos todoterreo empregados na prestación do servizo público.
Contido:
o contido do curso de condución de vehículos todoterreo divídese en dúas partes.
Teoría:
4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
- O vehículo: características técnicas (ángulos de ataque, central e de saída, inclinación lateral).
- Técnicas de condución (barro, neve, area, terreos accidentados, baixadas e subidas extremas)
- Rescate do vehículo (tracción directa, poleas e reenvíos, ancoraxes). Protocolos de seguridade nas manobras de rescate.
- Accesorios e mantemento do vehículo
- Lexislación: conservación da natureza, responsabilidade patrimonial.
- Módulo de igualdade de oportunidades
Práctica:
16 horas de prácticas de condución en circuito.

Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
O curso vai dirixido ao persoal profesional de servizos relacionados coa xestión de riscos e emerxencias e persoal voluntario de entidades ou organizacións públicas ou privadas que teñen como fin a protección das persoas, dos bens e do ambiente en situacións de xestión de riscos e de emerxencias.
Este persoal forma parte do sistema integrado de protección civil e emerxencias de Galicia (artigos 43 e 44 da Lei 5/2007, do 7 de maio de emerxencias de Galicia).
No caso de persoal voluntario deberán ter realizado o curso básico de protección civil no ano anterior a esta convocatoria.