Patrón de navegación básica (PNB)

Código: 112011
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 80
Modalidade: Presencial e a distancia
Data inicio - fin: 28/05/2011 - 01/07/2011
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: Aula 2
Horario: de 10.00 a 14.00 horas
Obxectivos:
- Conseguir que os/as integrantes dos servizos de emerxencias e protección civil adquiran coñecementos de navegación, así como a capacitación necesaria para poder pilotar unha embarcación no desenvolvemento das funcións encomendadas.
Contido:
Teoría:
- Nomenclatura náutica
- Seguridade
- Navegación
- Propulsión
- Convenio Internacional para prever as abordaxes, no que afecta a estas embarcacións
- Balizamento
- Lexislación
- Radiocomunicacións

Práctica:
12 horas de prácticas de seguridade e navegación na que se impartirán os seguintes temas:
- Xeito de utilizar o chaleco salvavidas
- Extintores, sinais pirotécnicas, espello de sinais
- Manexo de cabos
- Preparativos antes de iniciar unha manobra
- Comprobacións despois de arrancar: alarmas e instrumentos de control. Refrixeración
- Aplicación das regras de rumbo e goberno, velocidade de seguridade, vixilancia e identificación de marcas e balizas
- Manobras en dársena
- Gobernar cunha referencia de terra
- Manobra de home á auga.

2 horas de prácticas básicas de radiocomunicacións en simuladores homologados
- Chamadas de socorro en radiotelefonía e LSD en VHF
- Utilización práctica de VHF portátiles
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
os cursos van dirixidos aos membros dos servizos de emerxencias e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan realizado o curso básico de protección civil, acrediten coñecementos de salvamento e socorrismo acuático e dispoñan de embarcacións de salvamento nos seus servizos.