Prácticum criminoloxía

Código: 10PL00007
Número da edición: 1
Horas lectivas: 300
Prazas: 82
Modalidade: Semipresencial (en liña + presencial)
Data inicio - fin: 23/02/2010 - 29/06/2010
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 16.30 a 21.30 horas
Obxectivos:
- Incrementar os coñecementos, habilidades e destrezas adquiridos nas diversas materias obrigatorias correspondentes á titulación de graduado en ciencias criminolóxicas e da seguridade pública, co obxecto de que os estudantes alcancen maiores e mellores niveis de cualificación teórica, técnica e profesional.
- Afondar no coñecemento da realidade práctica que conforma o ámbito profesional da Criminoloxía.
- Identificar e coñecer as funcións que conforman os sinais de identidade das profesións vinculadas á seguridade pública, procurando integrar o coñecemento teórico coa formación práctica.
Contido:
- Dactiloscopia
- Inspección ocular de pegadas e indicios
- Estudo e análise de documentos
- Introdución á balística operativa e identificativa
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
- Ude. CNP adscrita a C.A.Galicia
- Outros Destinatarios - Outros
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.