Xornada sobre a seguridade aeroportuaria.

Código: 10EM00801
Número da edición: 1
Horas lectivas: 16
Prazas: 220
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 05/07/2010 - 07/07/2010
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: AGASP
Horario: de 10.00 a 14.30 horas
Obxectivos:
O reforzo das medidas para garantir a seguridade dos pasaxeiros e da tripulación e, en particular a capacidade de usar escáneres corporais nos aeroportos, puxo na vangarda da actualidade e, por suposto, da controversia a necesidade de medidas que supoñen dalgún xeito a invasión da privacidade e a renuncia á comodidade para reducir o risco. No caso de producirse situacións de emerxencia derivadas de fallos nas medidas de seguridade será precisa a actuación coordinada dos diferentes servizos de protección civil e emerxencias que poden chegar a participar nas labores de protección e socorro de persoas e bens.
Contido:
Conferencias
- Seguridade aérea e afección de dereitos fundamentais
- Seguridade aérea
- A seguridade na nova contorna estratéxica

Mesas redondas
- Normativa nacional, europea e internacional. Programa Nacional de Seguridade
- Seguridade no aire
- A iniciativa privada no ámbito da seguridade aeroportuaria
- Os usuarios e os controis excesivos. Os escáneres corporais e dereitos fundamentais
- Cooperación policial e xudicial internacional na loita contra o crime e as garantías dos cidadáns
- Os escáneres e as intervencións corporais
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
Persoal dos diferentes servizos de emerxencias e protección civil das administracións públicas, persoal de forzas e corpos de seguridade e interesados en xeral.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.