Condución e manexo de vehículos motobomba

Código: 10EM00702
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 25/10/2010 - 27/10/2010
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Clase ou local: AGASP
Horario: 10:00A 13:;30 E 15:30 A 18:30 H
Obxectivos:
con este curso preténdese conseguir que os/as conductores/as de vehículos motobomba de diferentes servizos de emerxencias e protección civil adquiran coñecementos teórico-prácticos para conducir con maior seguridade os vehículos motobomba empregados na loita contra incendios.
Contido:
o contido do curso de condución e manexo de vehículos motobomba divídese en dúas partes:.
Teoría:
4 horas nas que se abordarán os seguintes temas:
Posición de condución
- Movementos do volante
- Traxectorias
- Adherencia do neumático
- Uso freo acelerador
- Transferencia de masas, centro de gravidade, eixe balanceo
Condución todo terreo
- Características das motobombas
- Peculiaridades no uso do acelerador/freo/embrague e caixa de cambios
- Ángulo de ataque, ángulo de saída. Pendentes lonxitudinais
- Ángulo de cresta
- Ángulo de inclinación transversal
- Subida e baixada de superficies deslizantes
Módulo de igualdade de oportunidades
Práctica:
16 horas de prácticas de condución en simulador e en circuíto e manexo de bombas. Para a realización das prácticas cada alumno ou grupo de alumnos procedentes dun mesmo servizo deberán traer a súa motobomba, de xeito que haxa como mínimo un vehículo motobomba por cada tres alumnos.
Persoas destinatarias:
- Servizos de Prevención e Extinción de Incendios Forestais da Xunta de Galicia
Requisitos:
un curso vai dirixido aos profesionais dos servizos de protección civil dos concellos da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan asinado convenio coa Xunta de Galicia para o funcionamento do Grumir e o outro aos condutores de vehículos motobomba dos diferentes servizos de emerxencias ao servizo das Administracións Públicas.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.