Operadores de radar (Verín)

Código: 101051
Número da edición: 2
Horas lectivas: 20
Prazas: 31
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 22/11/2010 - 26/11/2010
Lugar: Verín (Ourense)
Localización: Parque de bombeiros
Clase ou local: Aula da Casa da Xuventude do concello de Verín
Horario: de 16.30 a 20.30 horas
Obxectivos:
- Dotar ao persoal do corpo da policía local de Galicia dos coñecementos teóricos e prácticos suficientes para o manexo dos cinemómetros, garantindo unha maior profesionalidade e preparación técnica adecuada de cara á comparecencia diante da autoridade xudicial.
Contido:
- Teoría do radar estático e do radar móbil
- Técnica de medición con equipos estáticos e móbiles
- Teoría da programación do equipo
- Teoría da fotografía co radar
- Prácticas en vías urbanas
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Destinatarios específicos:
Persoal dos corpos de policía local da provincia de Ourense e, de maneira complementaria, os demais axentes das forzas e corpos de seguridade do Estado.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.