Identificación e tráfico ilícito de vehículos

Código: 101044
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 25
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 02/11/2010 - 04/11/2010
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Aula de formación da policía local
Horario: Días 2 e 3: de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Día 4: de 10.00 a 14.00 horas
Obxectivos:
- Capacitar aos asistentes no coñecemento e detención dos VIN e elementos auxiliares de identificación de todas as marcas e modelos comercializados en España, así como as súas alteracións máis típicas e as figuras delituosas relacionadas.
- Coñecer o "modus operandi" de grupos organizados no noso país.
Contido:
- Introdución: concepto de "tráfico ilícito de vehículos", réxime xurídico internacional e organismos encargados da súa vixilancia e control
- Normas ISO: ISO 3979, ISO 3833 e ISO4030
- Figuras delituosas que definen, substancian ou/e castigan as actividades ilícitas relacionadas co vehículo: roubo ou furto, roubo ou furto de uso, falsificación de documentos, encubrimento ou receptación, estafa (comercialización fraudulenta), delito de contrabando, simulación de delito e asociacións delituosas
- Construtores de Europa, Corea, Xapón e Usa: tipoloxía e características xerais do VIN
- Elementos auxiliares de identificación ou controis que permiten identificar o vehículo cando o principal (VIN) foi destruido ou eliminado. O seu valor e utilidade para lograr identificar o vehículo cando o xenuíno auténtico foi eliminado por unha técnica de desbaste para realizar un retroquelamento ou cando se curta un anaco donde está ubicado para realizar un inxerto
- Tipos de falsificacións e como se poden detectar
- Grupos Fiat e Volkswagen
- Grupos BMW, GMC e Chrysler
- Grupo PSA, construtores xaponeses e coreanos, grupo Ford e outras marcas
- Explicación do modus operandi ou actuación de grupos organizados no noso país
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.