A reforma do Código Penal introducida pola Lei Org

Código: 101042
Número da edición: 1
Horas lectivas: 30
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 15/10/2010 - 25/10/2010
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Aula de formación da policía local
Horario: de 16.30 a 21.30 horas os días 15 e 25 de outubro, e de 17.00 a 21.00 horas o resto dos días
Obxectivos:
- Actualización dos coñecementos indispensables para o exercicio das funcións de policía xudicial.
- Potenciar a capacidade para determinar a tipificación dun feito constitutivo de delito, distinguindo as diversas figuras típicas afíns.
Contido:
- A liberdade vixiada como nova modalidade de medida de seguridade
- A pena de localización permanente: codificacións. En especial a súa aplicación ás faltas.
- Cómputo da prescrición dos delitos e faltas no caso de presentacion de querela ou denuncia
- O comiso dos efectos do delito, dos instrumentos con que se cometeu e dos beneficios derivados do mesmo
- Coaccións
- Delito dos malos tratos no ámbito familiar: novas tendencias xurisprudenciais.
- Delito contra a integridade moral
- Delitos contra a indemnidade sexual de menores de 13 anos
- Descubrimento e revelación de segredos
- Furto: a conversión das faltas en delito por habitualidade. Distinción entre habitualidade e continuidade delituosa.
- Roubo con forza: ampliación do concepto de chave falsa.
- Roubo violento: atenuación da pena en determinados supostos.
- Usurpación de bens inmobles
- Estafa: utilización cartóns de crédito ou débito, ou cheques de viaxe
- Danos cualificados
- Delitos contra a propiedade intelectual e a propiedade industrial: supostos de pena de multa ou traballo en beneficio da comunidade, ou a súa consideración como falta.
- Delitos contra o medio ambiente: agravación das penas.
- Delitos relativos a protección de animais domésticos
- Delito de tráfico de drogas: atenuación da penas dos tipos básicos
- Delitos contra a seguridade viaria: alternatividad das penas. A proba de detección de sustancias estupefacientes.
- Prácticas
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.