Xornadas de detección de drogas ilícitas e medicam

Código: 101002
Número da edición: 1
Horas lectivas: 10
Prazas: 50
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/11/2010 - 26/11/2010
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Aula de formación da policía local
Clase ou local: Aula de formación da policía local de Vigo
Horario: de 9.00 a 13.30 e de 16.00 a 21.30 horas
Obxectivos:
- Proporcionar aos asistentes os coñecementos clínicos, xurídicos e o entrenamento no manexo do detector dräger drugtest 5000, que os capaciten para a detección de drogas tóxicas, estupefacientes, psicotrópicos e demais substancias de efectos análogos nos condutores de vehículos a motor e ciclomotores a través da proba en saliva, á luz das previsións normativas introducidas pola Lei Orgánica 5/2010, de 22 de xuño, en relación á proba e á exixencia de preparación específica dos axentes de policía que as leven a cabo.
Contido:
- Detección clínica do consumo de drogas de abuso. Tipos de drogas psicoactivas e principais signos e síntomas en usuarios de drogas de abuso. Efectos das drogas sobre a capacidade para a condución e sobre a conduta e factores que influen.
- As probas de detección de drogas. Estado da investigación no tráfico rodado. Substancias a detectar; mostras a tomar e métodos aplicables. A detección de drogas en saliva; precaucións a adoptar na toma de mostras de saliva para evitar a súa contaminación. Protocolo médico-legal da cadea de custodia da segunda mostra.
- Tipo administrativo e tipo penal. Identificación da influencia penal. Práctica das probas para a detección de drogas tóxicas, estupefacientes e substancias psicotrópicas. Novedades introducidas pola Lei Orgánica 5/2010, do 22 de xuño. Garantías para a súa validez na orde sancionadora
- Drogas de abuso e a saliva como especime analítico
- Drugtest 5000. Descripción e manexo
- Proba instrumental “evidencial” ou de contraanálise
- Toxicomanías e a súa influencia en condutores e condución. Visión de microvídeos. Explicación de fluxograma de actuación policial/protocolo administrativo. Explicación de recollida de mostras biolóxicas, codificación, cadea de frío e cadea de custodia ante positivos en drogas.
- Prácticas. Realización de probas.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local