Actualización en materia de violenc.sexista

Código: 09VS
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 20
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/06/2009 - 05/06/2009
Lugar: Vigo (Pontevedra)
Localización: Aula de formación da policía local
Horario: De 17:00 a 21:00
Obxectivos:
Mellorar a resposta policial ante as situacións de risco que sofren as vítimas de malos tratos mediante o coñecemento dos aspectos legais da violencia de xénero, tanto sustantivos como procesuais, e a protección integral ás vítimas
Contido:
1º. O marco normativo. A Lei Orgánica 1/2004, integral de medidas de protección contra a violencia de xénero.
2º. O Xulgado de Violencia sobre a Muller. Competencia obxectiva en materia penal: delitos e faltas. Competencia territorial. Competencia por conexión. Supostos prácticos.
3º. Os delitos e faltas de competencia de Xulgado de Violencia sobre a Muller: Exame dos tipos máis característicos. Interpretación xurisprudencial. Supostos prácticos.
4º. Os procedementos perante o Xulgado de Violencia sobre a Muller: especial referencia á tramitación dos xuízos rápidos. Intervención policial e coordinación co Xulgado. Xuízos inmediatos de faltas.
5º. A orde de protección e outras medidas de protección. Presupostos, competencia, procedemento e efectos da orde de protección. Supostos prácticos, con especial atención á coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade para a súa tramitación e cumprimento. O quebrantamento da medida de afastamento. Outras medidas de protección: medidas cautelares penais.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Requisitos:
que desenvolvan de xeito exclusivo tarefas relacionadas con ese ámbito
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.