Actualización na investigación de accidentes de tráfico

Código: 09INVAT01
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 30
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 26/10/2009 - 29/10/2009
Lugar: Barco de Valdeorras, O (Ourense)
Localización: Aula do Centro Comarcal Arroyo Cigüeño
Horario: de 16 a 21 horas
Obxectivos:
- Contribuir a actualizar e mellorar a formación profesional na área técnica do personal da policía local das entidades locais da provincia, para que sexan capaces de abordar dun xeito óptimo a investigación e reconstrución de accidentes de tráfico.
- Ensinar aos participantes a metodoloxía aplicable na investigación e reconstrución dos accidentes de tráfico, así como os diferentes aspectos que abarca tanto a instrución e a confección do informe técnico, como a súa presentación e defensa perante os xulgados.
- Tentar dotar ao persoal de policía local dun maior nivel de coñecementos, habilidades e destrezas axeitados ao perfil que a sociedade actual require a demanda dos corpos de seguridade.
Contido:
- Investigación de accidentes de tráfico.
O accidente de tráfico
Causas e clases do accidente de tráfico
O home como factor de accidente
Estudo dos indicios da vía
Investigación dos danos nos vehículos
Medicións na investigación de accidentes
Caderno de campo para a toma de datos nun accidente de tráfico
Topografía
Dinámica do accidente. Cálculo de velocidades
Protocolo de intervención en accidentes de tráfico
Formularios

- O atestado policial
O atestado nos delitos vencellados co tráfico. Dilixencia que o integran segundo o caso
O atestado por accidentes de tráfico
A investigación de accidentes
Toma de datos
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios - Outros
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.