Actualización de primeiros auxilios

Código: 0900APA01
Número da edición: 1
Horas lectivas: 4
Prazas: 40
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 04/11/2009 - 04/11/2009
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
Difundir as novas recomendacións en soporte vital básico. Mellorar o prognostico da parada cardiorrespiratoria (PCR). Difundir as normas e técnicas de actuación na atención ao paciente dentro das principais situacións de urxencia e emerxencia sanitaria ante as que se pode atopar o voluntario en xeral.
Actualizar os coñecementos para acceder á formación necesaria para a utilización e manexo dos desfibriladores externos (DESA) ao persoal non sanitario, membros dos servizos de emerxencia e protección civil.
Contido:
O contido do curso de actualización de primeiros auxilios divídese en dúas partes:
- Teoría: (1 hora)
- Práctica: (3 horas).
Sobre actualización en Soporte Vital Básico e primeiros auxilios.
Persoas destinatarias:
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
Requisitos:
Os cursos van dirixidos aos membros dos servizos de emerxencias e protección civil da Comunidade Autónoma de Galicia, que teñan realizado o curso básico de protección civil e un curso de segundo nivel.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.