Investigación e reconstrución de accidentes de tráfico

Código: 081028
Número da edición: 1
Horas lectivas: 20
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 03/06/2008 - 05/06/2008
Lugar: Coruña, A (Coruña, A)
Localización: Concello da Coruña
Obxectivos:
Proporcionar aos funcionarios de policía destinados nas unidades de investigación e análise de accidentes de tráfico, coñecementos técnicos que aumenten a súa preparación na interpretación dos indicios recollidos e na emisión de informes ou ditames relacionados coas causas de produción de sinistros.
Contido:
-Conceptos básicos de física, matemáticas e dinámica.
-Cálculo de velocidade máxima dun vehículo
-Cálculo da velocidade a través das pegadas de freada.
-Cálculo da velocidade por conservación da cantidade de movemento.
-Cálculo da velocidade por conservación da enerxía.
-Proxeccións e atropellos.
-Deformacións e rozamentos.
Persoas destinatarias:
- Corpos de Policía Local
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.