Problemática das telecomunicacións nos servizos de emerxencias transfronterizos

Código: 071080
Número da edición: 17
Horas lectivas: 8
Prazas: 0
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 09/06/2007 - 09/06/2007
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Horario: de 9.00 a 13.00 e de 15.00 a 17.00 horas
Obxectivos:
Complementar as actividades formativas anteriores dirixidas aos servizos urbanos contraincendios e de salvamento da Comunidade Autónoma de Galicia e do norte de Portugal, facendo especial incidencia na zona transfronteiriza Galicia-norte de Portugal, valorando os aspectos normativos, operativos e técnicos das comunicacións entre eles, nos casos de emerxencias transfronteirizas.
Contido:
- Aspectos técnicos e normativa legal que afecta ás telecomunicacións transfronteirizas.
- Os centros de coordinación de emerxencias.
- Os sistemas informáticos de xestión das comunicacións en emerxencias: a aplicación para o proxecto COFROEM.
- Aspectos prácticos das comunicacións en emerxencias: a problemática transfronteiriza.
Persoas destinatarias:
- Bombeiros dos Parques de Consorcios
- Outros profesionais e voluntarios de Protección Civíl e Emerxencias
- Bombeiros dos Parques Municipais - Cabo