Capacitación escala técnica categoría intendente d

Código: 0709CCI01
Número da edición: 1
Horas lectivas: 250
Prazas: 10
Modalidade: Presencial
Data inicio - fin: 01/01/2007 - 30/07/2007
Lugar: Estrada, A (Pontevedra)
Localización: AGASP
Obxectivos:
- Mellorar o compromiso profesional de servicio público aos cidadáns, baixo parámetros actitudinais de eficacia e de ética policial.
- Facilitarlle aos alumnos unha actualización xurídico-normativa e de operativa profesional que lles permita un mellor exercicio da súa función.
- Dotalos das ferramentas de coñecemento necesarias para a xestión directiva, e para a organización e estructuración adecuada dos recursos humanos e dos medios materiais de que dispoñan.
Contido:
1.ÁREA TÉCNICO-PROFESIONAL.
Módulo I. Módulo xurídico
Módulo II. Módulo Técnico
Módulo III. Módulo Operativo
Módulo IV. Módulo Administrativo
2. ÁREA DE XESTIÓN E DIRECCIÓN
Módulo V. Xestión directiva
Módulo VI. Estratexias e técnicas de mando
3. PROXECTO DIRECTIVO.
(Só no caso de xefes de corpos de policía)
Que será escollido polo alumnado e que consistirá na elaboración dun proxecto de investigación, organización ou dirección, que debe estar referido á súa actividade profesional, tendo como obxectivo xeral a mellora do contorno de traballo ou da organización nos que o alumno vai a desempeñar os seus cometidos profesionais.
Persoas destinatarias:
- Outros Destinatarios - Auxiliares de Policía Local
- Corpos de Policía Local - Intendente/a
Requisitos:
Persoal dos corpos de policía local que superaron o proceso selectivo para a categoría de intendente (anterior denominación de “oficial”), e que non tivesen realizado este curso.
Inscrición:
A inscrición das persoas interesadas será totalmente gratuita.